Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan un sobrevivente no sinistro do avión de Air India, que viaxaba con 242 persoas

Atopan un sobrevivente no sinistro do avión de Air India, que viaxaba con 242 persoas

O avión bateu contra o comedor dunha residencia de estudantes

O Goberno da India abriu unha investigación urxente para determinar que sucedeu

REUTERS/Amit Dave
G24.gal 12/06/2025 11:31 Última actualización 12/06/2025 14:30

O Goberno da India confirmou que só se localizou un único sobrevivente entre as 242 persoas que viaxaban a bordo do voo AI-171 de Air India que se estrelou na cidade de Ahmedabad .

Atribuíu a causa do accidente a un incendio con temperaturas extremas que fixo imposible o rescate.

"O avión transportaba case 125.000 litros de combustible e, debido á alta temperatura, non había posibilidade de salvar a ninguén", afirmou nunha comparecencia o ministro do Interior, Amit Shah.

Amit Shah confirmou que a bordo da aeronave viaxaban 230 pasaxeiros e 12 tripulantes e que se localizou un único sobrevivente.

Os medios indios identificaron o sobrevivente como Ramesh Vishwakumar, un cidadán británico de 38 anos, que segundo as autoridades ocupaba o asento 11A cando o Boeing 787 Dreamliner se estrelou contra un complexo residencial.

A catástrofe aérea estendeuse a terra firme cando o avión impactou contra o comedor dunha residencia de estudantes. As cinco vítimas mortais confirmadas ata o de agora eran catro estudantes e un médico residente que se atopaban no edificio á hora do xantar.

O balance definitivo de vítimas coñecerase unicamente tras a identificación mediante probas de ADN, indicou.

"Están a recollerse mostras dos cadáveres e dos familiares, mesmo no estranxeiro. Realizaranse ao redor de 1.000 probas", indicou Shah.

Engadiu que a recuperación dos corpos está practicamente finalizada e que serán entregados ás familias unha vez concluído o proceso.

O ministro explicou que o Executivo central foi alertado aos dez minutos do accidente, ocorrido no oeste do país, e que o primeiro ministro Narendra Modi contactou de inmediato coas autoridades rexionais para activar unha resposta coordinada.

En canto ás causas do sinistro, o Goberno anunciou o inicio dunha investigación urxente.

O director executivo de Air India, Campbell Wilson, pediu evitar as especulacións e asegurou que a aeroliña compartirá unicamente información precisa e oportuna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade