Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Bombeiros de Narón rescataron do río Santa Cecilia o corpo sen vida dun home

Os Bombeiros de Narón rescataron do río Santa Cecilia o corpo sen vida dun home

Unha persoa que percorría o paseo fluvial en Xubia foi a que atopou o corpo e chamou o 112 Galicia, pasadas as nove da noite

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Imaxe: AXEGA Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Imaxe: AXEGA
G24.gal 03/01/2026 11:00 Última actualización 03/01/2026 12:05

Unha persoa que percorría o paseo fluvial do río Santa Cecilia, en Xubia, foi a que atopou o corpo do home falecido e chamou o 112 Galicia.

Pasaban das nove da noite deste venres cando informaron dos feitos a Emerxencias de Galicia. A partir dese momento activouse un operativo de rescate, un rescate que realizaron os Bombeiros de Narón.

Contra as dez da noite, o corpo dunha muller que flotaba na auga do río foi recuperado e quedou baixo a custodia dos axentes da Policía Nacional ata a chegada dos servizos forenses.

No operativo tamén colaboraron os axentes da Policía Local

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade