Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queda en liberdade con cargos o home detido por unha agresión sexual a unha menor na Coruña

Queda en liberdade con cargos o home detido por unha agresión sexual a unha menor na Coruña

O detido, tras pasar a disposición xudicial, quedou en liberdade con retirada de pasaporte e prohibición de saída do territorio nacional, afastamento da vítima de 500 metros e prohibición de comunicación con ela

A colaboración veciñal facilitou a rápida detención do sospeitoso

G24.gal 03/01/2026 21:02 Última actualización 04/01/2026 12:58

Unha menor de idade foi agredida sexualmente na madrugada do sábado na Coruña. Sucedeu ao redor das tres da mañá no barrio de Xuxán.

As pescudas iniciais apuntan a que o home levaba varias horas na zona e que conseguiu acceder ao edificio a través do garaxe. A presunta agresión ocorreu no interior do ascensor. Despois a vítima, unha rapaza menor de idade, conseguiu fuxir.

A descrición que achegaron algúns veciños facilitou a captura do sospeitoso. A policía local prendeuno preto do lugar dos feitos apenas media hora despois. Xuxán é un barrio moi novo, aínda en construción. Actualmente só estan habitados unha decena de inmobles.

"Hai moita vivenda que non está ocupada, pero supoño que son cousas que lamentablemente poden suceder en calquera sitio". 

"Este barrio é, polo momento, moi solitario. Vese moi pouco ambiente. Eu fago todo o percorrido e case non vexo a ninguén".

"Penso que neste barrio case non hai servizos nin xente. Ao final é máis fácil que pasen este tipo de cousas. Para unha muller volver á casa de noite é perigoso", comenta a veciñanza

O detido xa pasou a disposición xudicial. A titular do Xulgado número 3 de Instrucción, en funcións de garda, acordou a súa posta en liberdade con retirada de pasaporte e prohibición de saída do territorio nacional, afastamento da vítima de 500 metros e prohibición de comunicación con ela. Ten este luns un xuízo rápido este luns en Vioxen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade