O 6 de xaneiro podería ser o día de Reis máis frío en 40 anos, segundo a Aemet
Alerta amarela no sur da provincia de Ourense, onde as temperas poderán baixar ata o -4 graos e ata -6 na montaña, segundo Meteogalicia
A Aemet activará un aviso amarelo a partir das 18:00 horas do luns na montaña lucense por acumulación de neve, cun grosor de 5 centímetros por riba dos 900 metros
Alerta amarela por fenómenos costeiros desde as 15 horas do luns na Mariña lucense, o noroeste da Coruña e Costa da Morte, segundo Meteogalicia
O interior da provincia de Ourense pasará a madrugada do luns, entre as 00:00 e 09:00 horas, en alerta amarela por temperaturas mínimas por baixo de -4 ºC, no sur da provincia, e inferiores a -6 ºC ,na montaña, segundo recollen os avisos meteorolóxicos de Meteogalicia.
Xeada na Limia, Ourense, o pasado 30 de xaneiro ás 11 da mañá. Foto: C. Martínez
Así mesmo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activará un aviso amarelo a partir das 18.00 horas na montaña lucense por acumulación de neve, cun grosor duns 5 centímetros. Este fenómeno espérase ao redor de 900 metros de altitude e a alerta continuará ata as 11.59 horas do martes.
Neve na Serra de San Mamede á finais de decembro de 2025. Foto: Celsa Martínez
Na segunda metade do luns, entre as 15.00 e 23.59 horas, será o litoral de Galicia o que estea en alerta amarela por fenómenos costeiros. Meteogalicia avisa de vento do norte de forza 7 (refachos de entre 50 e 60 km/h) no mar da Mariña lucense, o noroeste da Coruña e Costa da Morte.
Pola súa banda, a Aemet estende a alerta ao suroeste da Coruña nunhas condicións similares. Ademais, avisa de que no noroeste da Coruña e en Costa da Morte haberá mar combinada do norte ao redor dos 4 metros.
O día de Reis máis frio dos 40 últimos anos
A Aemet xa advertiu nos pasados días do "frío intenso" que será protagonista ata mediados da semana que entra. Este luns unha masa de aire ártico afectará á metade norte peninsular, cunha fronte deixando precipitacións na segunda metade do día en Galicia, Cantábrico e alto Ebro; en forma de neve a unha cota de 400/600 metros, sen descartar algún floco a cotas máis baixas.
Así mesmo, prognosticou que este 6 de xaneiro podería ser o día de Reyes máis frío en España dos último 40 anos, xunto co de 2021, previo a Filomena.
"Todo apunta a que as súas maxestades os Reis Magos van ter que facer a repartición de agasallos moi abrigados", escribiu a entidade estatal na súa conta de 'X'.
🎄Predicción especial | Fiestas de Navidad.
— AEMET (@AEMET_Esp) January 4, 2026
❄️Nevadas en cotas bajas, lluvias fuertes y persistentes y heladas generalizadas.
➡️ Esta es la última actualización de la predicción especial por Navidad. Gracias por vuestra confianza y felices víspera y día de Reyes. 👑🐫 pic.twitter.com/2e86144HEp