Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nas pastelerías están traballando sen parar para despachar o tradicional roscón de Reis

Nas pastelerías están traballando sen parar para despachar o tradicional roscón de Reis

Os que non están recheos seguen encabezando as vendas, pero tamén hai quen os prefire con nata ou trufa

G24.gal 05/01/2026 13:17

Nos obradoiro non dan abasto. Contan traballar doce horas para atender as encargas. Todo comeza coa mestura dos ingredientes. O copropietario da pastelería Martín de Lugo relata os ingredientes: "Ovos, manteiga, auga de azar, un licor, reladura de laranxa e de limón e moito amor. O proceso de elaboración é longo. Ademais do amasado, hai que formalo, deixalo levedar, meterlle a sorpresa, poñerlle a froita, cocelo..., leva o seu tempo, é un proceso longo e os fornos que temos nunha pastelería tradicional e artesá son pequenos e hai que ir pouco a pouco".

Facelo con aloumiño é fundamental, o mesmo que a sorpresa. 

Comenta Martín que "a sorpresa que non falte. Hai xente que trae cartos para meterlle ao roscón, hai quen lle mete dúas ou tres sorpresas, iso depende das peticións".

Hai que degustalo para saber en que consiste. Os roscóns tradicionais son os máis demandados, pero tamén están os recheos. 

Segundo un dos responsables da pastelería Martín, "ademais do tradicional, hai quen o quere comer con nata, con trufa, con crema e tamén hai outros sabores como pistacho ou Oreo, pero son máis raros". 

Comenta un cliente que "tomo o de toda a vida, é esponxoso e con nata, que é o que me gusta". Outra persoa  indica que "eu prefíroo sen crema e sen nada. Todos os anos o levamos e mañá, o Día de Reis, levantámonos, facemos chocolate e o mollamos. É unha tradición na nosa casa".

Un costume que se mantén en moitos fogares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade