Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pescada de volanta mantén prezos baixos debido ao aumento de capturas tras os temporais

A pescada de volanta mantén prezos baixos debido ao aumento de capturas tras os temporais

A menos de sete euros o quilo se vendeu en prazas e mercados a semana pasada

Dependendo do tamaño, hai un descenso de entre catro a oito euros o quilo

G24.gal 10/03/2026 13:49

"A escada baixou, baixou moito. Chegou a estar a 22 euros máis ive o quilo, na lonxa, a grande. E agora está sobre 14, 15 ou 16 euros. A pequena está sobre 10,8, 7 euros, dependendo do tamaño", así explica Mila, cun posto no mercado do Berbés, a oscilación á baixa que experimentou o prezo da pescada de volanta nas últimas semanas.

Prezos que non se vían dende hai tempo. A pescada de volanta, a capturada con rede en que o o animal queda enmallado pola galada, é unha das especies que maior baixada tivo nas dúas últimas semanas.

"Aquí chegamos a vendela a 6,90, o peixe de costa, non do Gran Sol, senón do día. Coa nortada subiu un pouco, témola hoxe a 9,90. Pero bueno, se mellora o tempo, baixa", di Manuel, peixeiro con posto na praza de abastos de Teis.

Unha boa ocasión para abastecerse dun peixe saboroso e con múltiples preparacións.

"Eu, cando está ben de prezo, cólloa pola semana, para conxelar, e non ter que vir todos os días", comenta unha clienta no mercado de Teis.

Non só a pescada, outros manxares como a robaliza ou o rodaballo salvaxes teñen un prezo reducido.   

"Este rodaballo chegou a estar a entre 48 e 50 euros. Agora está a 28 euros o quilo. Cando hai peixe, baixa o prezo, cando non o hai, sobe", sentenza Nuria, peixeira no Berbés.

Como todo produto natural, a lei de oferta e demanda marca o seu valor en prazas e mercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade