Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación veciñal de Teis anuncia mobilizacións para reclamar medidas contra o ruído na AP-9

A asociación veciñal de Teis anuncia mobilizacións para reclamar medidas contra o ruído na AP-9

O  barrio de Teis quedou excluído das medidas do Plan de Acción contra o Ruído do Ministerio de Transportes, que si prevé actuacións na zona de Chapela

G24.gal 04/01/2026 18:59 Última actualización 04/01/2026 20:03

A Asociación veciñal de Teis lamenta que o barrio quede fóra do Plan de Acción contra o Ruído do Ministerio de Transportes. A cuarta fase do plan estatal prevé 5,4 millóns de euros para pantallas acústicas entre Rande e Chapela, pero non inclúe o tramo urbano de Teis, unha vella demanda da asociación veciñal

"Levamos moitos anos con esta reivindicación e non nos parece normal que o barrio máis afectado pola autoestrada quede fóra destas intervencións. De feito, no 2016, o Concello e a Xunta xa lle esixían a Audasa as barreiras acústicas, e a día de hoxe seguimos esperando", asegura o presidente da Asociación Veciñal de Teis, Julio González.

O Mapa Estratéxico de Ruído confirma que máis de 7.000 persoas soportan niveis superiores aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

"Nun informe propio da administración, unha medición acústica daba uns valores de entre 55 e 75 decibelios, o que supera o ruído que pode soportar un", asegura o presidente da Asociación Veciñal de Teis,  Julio González.

O Ministerio de Transportes anunciou un plan para humanizar a AP-9 na zona de Teis. Prevé cubrir a autoestrada con cinco pasos superiores, pero a asociación veciñal cre que é e unha medida a longo prazo que non lles dará solución a todos os afectados polo exceso de ruído.

Por iso, din que se van mobilizar para reclamar a insonorización deste treito da AP-9 na entrada de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade