Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exmozo de Nerea Añel, condenado por maltratala en dúas ocasións

O exmozo de Nerea Añel, condenado por maltratala en dúas ocasións

O Xulgado do Penal Nº1 de Ourense impúxolle unha pena de 80 días de traballos en beneficio da comunidade

O TSXG estuda o recurso de apelación presentado pola defensa do acusado contra a sentenza da Audiencia de Ourense que ratificaba a condena de 10 anos de cárcere por homicidio 

Arquivo Arquivo
G24.gal 11/06/2025 13:09

O Xulgado do Penal Nº1 de Ourense condenou o exmozo de Nerea Añel por dous delitos de lesións e malos tratos e imponlle unha pena de 80 días de traballos en beneficio da comunidade.

Tal e como recolle a sentenza, o Tribunal considera probado que Añel foi vítima de dúas agresións por parte do acusado, unha delas 15 días antes de falecer. Con todo, absólveno do delito de malos tratos continuados que pedía a acusación particular.

Respecto a condena por malos tratos, explican que tiveron en conta, fundamentalmente, o relato de dous das testemuñas.

Durante o xuízo, tal e como sinala a sentenza, o acusado negou os feitos e afirmou que as testemuñas o estaban utilizando como "cabeza de turco". 

Unha das testemuñas relatou que presenciou como, durante unha discusión, a vítima pegoulle un golpe no peito ao acusado, que lle devolveu unha labazada na cara, "unha boa hostia".

Outra testemuña explicou que viu como, 15 días antes do falecemento da vítima, o acusado propinoulle a esta unha cabezada, tamén no medio dunha discusión.

Outros episodios de agresións relatados, considera a maxistrada, que chegarían a representar un delito de malos tratos habituais, non puideron quedar acreditados.

A resolución do Tribunal

Así as cousas, o Tribunal condena a 40 días de traballos en beneficio da comunidade o acusado por cada delito de lesións. En caso de non prestar consentimento á realización dos traballos, condenarano a seis meses de prisión con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena.

Tamén se lle priva do dereito á tenza e porte de armas durante dous anos e pídeselle unha indemnización de 500 euros por danos morais.

O exmozo da moza ourensá continúa á espera de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) resolva o recurso de apelación contra a sentenza da Audiencia Provincial de Ourense que ratificaba a condena, por un xurado popular, a 10 anos de cárcere polo suposto homicidio de Nerea Añel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade