Contido con Temática .
Sociedade

A tradicional rapa das bestas de Sabucedo estréase como ben de interese cultural
06/07/2025 18:12
Esta parroquia estradense de apenas 60 habitantes acolle estes días máis de 20.000 persoas
É unha das festas máis antigas de Galicia, con máis de tres séculos de historia

Morren dous motoristas en senllos accidentes en Riós e Ortigueira
06/07/2025 17:58
O accidente de Riós tivo lugar ao bater contra un turismo na A-52; o sinistro provocou importantes retencións
O segundo motorista faleceu no quilómetro 49 da AC-862, en Ortigueira, tamén logo de colidir con outro vehículo

O chupinazo dá inicio a nove días de festa nos Sanfermíns de Pamplona
06/07/2025 17:22
As festas contarán con máis de 500 eventos

Un motorista perde a vida o colidir contra un coche en Ortigueira
06/07/2025 16:13
Os medios sanitarios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista

06/07/2025 15:51
Considerou "un erro" que na Coruña e en Vigo os novos xulgados de violencia de xénero supoñan a eliminación dos xulgados de instrución
Asegura que é "perfectamente respectable" a decisión do fiscal xeral do Estado de manterse no cargo

A idade media chega a Padrón nunha nova edición da súa feira
06/07/2025 15:04
A feira medieval enche as rúas de música, artesanía e obradoiros tradicionais

Na rapa de Candaoso, en Viveiro, córtanlles as crinas a case trescentos cabalos
06/07/2025 14:49
É un auténtico espectáculo no que os homes miden forzas coas bestas para tratar de desparasitalas

Antigos internos do orfanato do mar de Panxón lembran o seu paso polo centro
06/07/2025 14:40
O orfanato Virxe do Mar de Panxón creouse en 1948 para acoller rapaces orfos que perderan o seu pai no mar
Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada
Antigos internos celebran unha xuntanza anual desde hai 44 anos

Festa africana en Mazaricos para mellorar a vida en Costa de Marfil
06/07/2025 14:35
A asociación Égueire, con máis dun centenar de socios, ten en marcha varios proxectos no país africano

Pontedeume rememora as súas orixes medievais no XV Feirón dos Andrade
06/07/2025 14:32
Os pasarrúas animaron o mercado e as prazas da vila, que estes días recibe miles de visitantes

Tatuarse no verán require duns coidados específicos para non sufrir infeccións
06/07/2025 14:14
Debe evitarse durante quince días a exposición solar, bañarse no mar e na piscina
Cada vez hai máis xente maior que quere que lle pinten na pel recordos de vida

Os pés están máis expostos no verán e requiren coidados extra
06/07/2025 14:13
Os podólogos aconsellan hidratalos, protexelos do sol e non abusar das chanquetas

Un barco turístico ofrece rutas para explorar a beleza da costa de Ortegal
06/07/2025 13:41
A viaxe ofrece unha visión única dos aguillóns e dos cantís do xeoparque
.png)
Detida unha banda criminal por máis de 150 roubos en vivendas de todo o país
06/07/2025 09:51
A Garda Civil arrestou os doce membros da rede especializada en furtos de casas illadas

España é o país europeo con máis solicitudes de asilo: máis de 76.000 no primeiro semestre
06/07/2025 08:43
No primeiro semestre do ano en España rexistráronse 76.020 solicitudes de protección, unha cifra récord desde que se teñen rexistros

Topan o corpo sen vida dunha muller nova nun piso do concello madrileño de Xetafe
06/07/2025 08:10
O cadáver estaba no seu domicilio en avanzado estado de descomposición
Segundo o resultado preliminar da autopsia, morreu por causas naturais

Elévanse a 68 as vítimas mortais das inundacións en Texas, entre elas 21 menores
06/07/2025 07:57
Continúan os labores de busca e agárdase que a cifra aumente
Só no condado de Kerr, un dos máis afectados, faleceron 59 persoas

Nigrán acolle a segunda edición da feira "vintage", de antigüidades e coleccionismo
05/07/2025 21:57
É unha proposta do concello de Nigrán da man da Asociación Cultual Ferro Vello

Mil catrocentas persoas festexan a Ruta dos Fornos de Cea
05/07/2025 21:19
Percorren os fornos tradicionais nunha ruta con degustación en que o pan se combina con outros produtos con denominación de orixe, coma o queixo de Arzúa ou a tenreira galega
Este domingo é o día grande da Festa de Exaltación do Pan de Cea, que vai xa pola XXXII edición

Veciños e visitantes implícanse no Mercado Renacentista de Viveiro
05/07/2025 21:00
Acoden ataviados con traxes de época para gozar dunha cita que conmemora o legado do rei Carlos V na vila mariñá

Ribadumia acolle a XIII Concentración Moteira Trasnos do Salnés
05/07/2025 20:51
O encontro reúne arredor de 3.500 motoristas no concello pontevedrés

Un detido por matar supostamente ao seu pai cunha arma branca en Burgos
05/07/2025 20:19
O persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida

Envían de novo mensaxes de confinamento en cinco municipios de Guadalaxara por un incendio
05/07/2025 17:19
Hai temor a posibles tormentas con ventos racheados que poderían afectar á nube de fume que se xerou no incendio dunha nave de reciclaxe de pilas e baterías
Recomenda pechar portas e xanelas, así como apagar os aparellos de climatización

O Couto Mixto celebra a súa singularidade como república independente
05/07/2025 15:33
Coma cada ano por estas datas, os veciños do antiguo Couto Mixto conmemoran hoxe a súa singular historia como república independente entre os reinos de Galicia e Portugal
Durante máis de setecentos anos, ostentaron privilexios como o libre comercio ou a exención de impostos

Ozoaqua sitúa a Galicia na elite da dermocosmética internacional
05/07/2025 15:08
Os laboratorios Ozoaqua recibiron un novo premio iDermo pola crema corporal de aceite ozonizado Ozobaby
O xurado está formado por farmacéuticos, especialistas en dermatoloxía e consumidores
Os aceites ozonizados teñen múltiples propiedades: efecto antiinflamatorio, cicatrizante, hixienizante, calmante e reparador da barreira cutánea

Aberto o público o xacemento arqueolóxico e o Mosteiro de Oia, que será un hotel de cinco estrelas
05/07/2025 15:04

A Festa da lagosta inaugura o verán na Guarda
05/07/2025 15:00
Está distinguida co recoñecemento de Festa de interese turístico de Galicia
Esperan chegar aos quince mil visitantes
A prancha ou cocida, a lagosta fai as delicias dos comensais

A aldea do Sisto, en Forcarei, presume de esculturas e de volver á vida
05/07/2025 14:51
O escultor Xesús Méndez Padín colabora no renacer da aldea con dúas tallas

Amantes dos trens xúntanse en Galicia para protexer o patrimonio ferroviario
05/07/2025 14:50
Un tren dos anos oitenta chegou ao Museo do Ferrocarril de Galicia, con viaxeiros que gozaron dunha viaxe plácida e cómoda
Asinouse un convenio coa Federación de Asociacións de Amigos do Ferrocarril de España para divulgar a importancia do legado ferroviario

Ruta de autocaravanas para descubir Galicia sobre rodas
05/07/2025 14:32
Medio cento de vehículos percorren as catro provincias na IX Ruta Yakart

Detidas cinco persoas na Coruña cando tentaban roubar material cosmético valorado en 200.000 euros
05/07/2025 12:15
O material recuperado pertencía a un laboratorio farmacéutico e a unha empresa de cosmética

Unha lancha afúndese no peirao de Ons, do parque nacional, sen causar feridos
05/07/2025 11:05
Ante este accidente aplicouse o protocolo contra as verteduras

Desarticulada unha rede familiar de tráfico de drogas en Melide e Arzúa con cinco detidos
05/07/2025 10:46
O Xulgado de Instrución nº 1 de Arzúa decretou o ingreso en prisión para un deles e liberdade con cargos para os outros catro
As investigacións confirmaron que o grupo utilizaba un establecemento hostaleiro en Melide como tapadeira para a venda directa de cocaína

Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa
05/07/2025 09:25
Entre os dous arrasaron máis de 90 hectáreas
Extinguido o incendio forestal en Lousame, que afectou a 37 hectáreas
Outro incendio provocou alarma en Chandebrito (Nigrán), onde outro lume provocara a morte de dúas mulleres en 2017

Aumenta a 27 o número de vítimas mortais polas inundacións en Texas
05/07/2025 08:39
As autoridades aínda non localizaron as 27 nenas desaparecidas mentres participaban nun campamento de verán

Inaugúrase a corenta edición de Feiradeza, a maior feira ganadeira de Galicia
04/07/2025 21:19
A feira acolle un concurso onde mozos e mozas demostran o seu talento para preparar vacas en tempo récord

Mundos Dixitais congrega na Coruña as técnicas máis avanzadas de produción e creación visual
04/07/2025 20:22
Estará aberta ata este sábado en Palexco

A xuíza considera que a nai da bebé de Loeches descortizouna e tirouna ao lixo
04/07/2025 20:11
A xuíza manda a prisión provisional sen fianza a acusada da morte do seu bebé
A maxistrada subliña a coincidencia das mostras de sangue da investigada co ADN obtido da cabeza dos restos da bebé que determina unha compatibilidade

Prisión provisional por homicidio para o irmán do falecido na pelexa de Ribeira
04/07/2025 19:56
Cinco dos arrestados quedan en liberdade, dous con prohibición de entrar no municipio
Familiares aseguran que foron mediar e critican o trato policial

O brote de salmonela no festival de Oza-Cesuras suma 161 casos e quedan 25 ingresados
04/07/2025 18:49
Segundo o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas esta infección está relacionada cunhas tortillas elaboradas durante o festival
A Xunta ultima un decreto autonómico para rexistrar a operadores como foodtrucks e postos ambulantes de comida e sometelas a inspeccións sanitarias