Un motorista perde a vida o colidir contra un coche en Ortigueira
Os medios sanitarios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista

Un motorista perdeu a vida este domingo o colidir contra un coche en Ortigueira.
O 112 Galicia foi coñecedor deste suceso uns vinte minutos antes das 14:00 horas, momento no que un coche e unha moto colidiron, co motorista inconsciente logo do impacto.
Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ortigueira, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
#AXEGAInforma do falecemento dun motorista en Ortigueira.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 6, 2025
📍 Quilómetro 49 da AC-862.
▶️ Tratouse dunha colisión entre unha moto e un coche.
🔗 https://t.co/6f46crFqQh pic.twitter.com/F7fXP66m6h
Os medios acudiron ata o punto, no quilómetro 49 da AC-862, pero só puideron confirmar o falecemento do motorista.