Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na AP-9 en dirección a Pontevedra

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na AP-9 en dirección a Pontevedra

O carril central dereito tivo que cortarse tras unha colisión por alcance

Interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia e a Garda Civil de Tráfico

G24.gal 03/07/2025 17:05 Última actualización 03/07/2025 17:58

Un accidente ocorrido este xoves no quilómetro 147 da AP-9, á altura da ponte de Rande, está a provocar retencións en dirección a Pontevedra, segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico.

O sinistro produciuse minutos despois das 15:30 horas e consistiu nunha colisión por alcance entre dous vehículos. Como consecuencia houbo que cortar o carril central dereito da vía.

Ao lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia e axentes da Garda Civil de Tráfico para atender a situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos