Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista de 27 anos nun accidente en Lugo

Falece un motorista de 27 anos nun accidente en Lugo

A vítima sufriu unha caída cando circulaba pola estrada Nacional VI

G24.gal 03/07/2025 09:23 Última actualización 03/07/2025 12:50

Un mozo de 27 anos faleceu este xoves por mor dun accidente de tráfico coa moto na que viaxaba pola estrada Nacional VI ao seu paso polo concello de Lugo, segundo informou a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O sinistro mortal produciuse á altura do quilómetro 503 pouco antes das 08:30 da mañá. Por causas que se descoñecen, o motorista saíu da vía e caeu por un desnivel.  Ata o lugar desprazouse unha unidade de emerxencias médicas, que só puido certificar a morte do mozo. O accidente causou importantes retencións de tráfico, xa que esa vía é a que usan moitos lugueses para acceder ao polígono industrial, e a esa hora moitos dirixíanse ao seu posto de traballo.

O accidente ocorreu nun tramo onde acostumaban ser frecuentes os accidentes graves, pero a sinistralidade reduciuse de xeito considerable ao limitar a velocidade a 80 quilómetros por hora. Cada día usan esa vía 30.000 vehículos.

De inmediato, a central de coordinación de emerxencias avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

O 061 enviou ao lugar do accidente dúas ambulancias, unha de Soporte Vital Básico e outra de Soporte Vital Avanzado. Aínda que o persoal sanitario chegou a asistir o ferido, finalmente faleceu no sitio

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade