Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman xustiza en Tui para Brais, o motorista falecido no Rosal

G24.gal 20/08/2025 14:15

Este mércores tivo lugar fronte aos xulgados de Tui unha concentración para pedir xustiza para Brais, o mozo que faleceu tras bater coa súa moto cun BMW M4 na vía de alta capacidade que une Tui coa Guarda, na parroquia rosaleira de Eiras o pasado 15 de xullo.

O condutor do BMW fuxiu, polo que está imputado por homicidio imprudente, abandono do lugar do accidente e omisión do deber de socorro, e puido saír baixo fianza de 150.000 euros.

O investigado entregouse unha semana despois, tras transcender que podería estar investigado, cumpriu un día de cárcere e axiña consignou os 150.000 euros de fianza, polo que puido saír en liberdade, co carné de conducir retirado e coa a obriga de comparecer nos xulgados cada quince días. Algo que non é dabondo para a familia de Brais porque o imputado ten antecedentes por delitos semellantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos