Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladada ao HULA unha muller de 92 anos tras sufrir un accidente en Guntín

Trasladada ao HULA unha muller de 92 anos tras sufrir un accidente en Guntín

Dous vehículos chocaron frontolateralmente este sábado a primeira hora da tarde na localidade de Lousada

G24.gal 16/08/2025 20:46 Última actualización 16/08/2025 21:05

Catro persoas quedaron feridas de diversa consideración logo dun choque frontolateral que se produciu este sábado a primeira hora da tarde na localidade de Lousada, no concello de Guntín, na LU-612, unha vía comarcal que une Lugo e Portomarín.

No vehículo que ía cara a Lugo viaxaban tres persoas, entre elas unha muller de 92 anos; no vehículo que ía no sentido contrario viaxaba un home que quería torcer á esquerda cara á beirarrúa na que está a farmacia e un dos supermercados que hai nesa localidade.

Todos os ocupantes dos vehículos foron trasladados ao HULA en ambulancia

Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron cinco gardas civís e un tenente, que estiveron atendendo aos feridos, regulando o tráfico, levantando un atestado e tamén tratando de clarexar os motivos do accidente.

Os veciños de Lousada levan anos reclamando que se tomen medidas que obriguen a respectar o límite de velocidade nunha travesía na que hai moitas persoas maiores e que é moi transitada debido a que nela está a escola, o centro médico, a farmacia, varios supermercados, comerciais agrícolas e bares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade