Publicador de contidos

Publicador de contidos

España é o país europeo con máis solicitudes de asilo: máis de 76.000 no primeiro semestre

España é o país europeo con máis solicitudes de asilo: máis de 76.000 no primeiro semestre

No primeiro semestre do ano en España rexistráronse 76.020 solicitudes de protección, unha cifra récord desde que se teñen rexistros

Chegada cun barco con inmigrantes ás Canarias (Antonio Sempere-Europa Press) Chegada cun barco con inmigrantes ás Canarias (Antonio Sempere-Europa Press)
G24.gal 06/07/2025 08:43

España pasa a ser o país de Europa con máis solicitudes de asilo en 2025, e desbanca deste xeito a Alemaña.  

Segundo un informe da Axencia de Asilo da UE, no primeiro semestre do ano en España rexistráronse 76.020 solicitudes de protección, unha cifra récord desde que se teñen rexistros.

A ruta canaria confírmase como un dos corredores máis letais polo número de falecidos no mar ao intentar chegar ás costas españolas. O segundo país con máis solicitudes é Francia, con preto de 75.500 peticións. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade