Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio do sur de Tarragona queimou xa máis de 2.800 hectáreas e mantén confinados 18.000 veciños

O incendio do sur de Tarragona queimou xa máis de 2.800 hectáreas e mantén confinados 18.000 veciños

Un terzo da zona arrasada polo lume, impulsado polo vento do noroeste, está dentro do parque natural de Els Ports

G24.gal 08/07/2025 13:40

O incendio forestal de Paüls, en Tarragona, queimou xa máis de 2.800 hectáreas, unha terceira parte dentro do parque natural de Els Ports, e obrigou a confinar 18.000 veciños.

Os bombeiros confían en que o cambio na dirección do vento previsto para esta tarde axude nos traballos de extinción.

Sen descanso durante a noite, máis de 300 efectivos continuaban loitando contra o incendio forestal que está arrasando a comarca catalá do Baix Ebre, na provincia de Tarragona.

O lume, empuxado polo forte vento do noroeste, queimou xa máis de 2.800 hectáreas de terreo forestal. O 30 por cento da zona queimada está dentro do parque natural de Els Ports.

Xunto aos medios aéreos, un cento de soldados da UME incorporáronse esta mañá aos traballos de extinción. “Ten o obxectivo de fortalecer as capacidade dos bombeiros xa que hai dous francos, a cabeza, a cola e hai que intentar poñer o máximo de efectivos posibles”.

A Generalitat mobilizou os bombeiros libres de garda para que se incorporen de inmediato aos seus postos de traballo.

As previsións anuncian para esta tarde un cambio na dirección do vento que se agarda que poida axudar a estabilizar o incendio que obrigou a confinar 18.000 veciños de Paüls e outros 9 concellos tarraconenses.

Os habitantes de varias masías illadas foron evacuados e trasladados a Tortosa. Cinco estradas permanecen pechadas ao tráfico pola presenza de fume ou po procedente do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade