Murcia renuncia a comprar pisos para migrantes menores tras o aviso de Vox
A formación de ultradereita ameazou o PP con retirarlle o apoio aos orzamentos se seguían adiante coa medida

A Comunidade de Murcia revogou a orde pola que se contemplaba a compra de vivendas para a acollida de menores estranxeiros non acompañados, tras o aviso de Vox de que retiraría o seu apoio ao proxecto de orzamentos autonómicos que se tramita na Cámara.
Na súa conta da rede X, a conselleira de Política Social, Familias e Igualdade, Conchita Ruiz, informou desta decisión. "Rectificar é de sabios. Non volverá suceder", afirma a conselleira nunha breve mensaxe.
La Comunidad revoca la orden por la que se contemplaba la adquisición de viviendas para la acogida de menores extranjeros no acompañados.
— Conchita Ruiz Caballero (@contxaruiz) July 1, 2025
Rectificar es de sabios.
No volverá a suceder.
Murcia revoga a orde de compra de pisos para migrantes apenas unha hora despois de que o presidente de Vox, Santiago Abascal, esixise a retirada da orde, publicada o sábado no Boletín Oficial da Rexión de Murcia e que outorgaba competencias a ese departamento para comprar vivendas para a acollida de menores vulnerables.