Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG volvería gañar en Galicia cun 27,5 % dos votos, segundo o CIS

O PPdeG volvería gañar en Galicia cun 27,5 % dos votos, segundo o CIS

O BNG situaríase como segunda forza cun 25,3 % e o PSdeG quedaría terceiro co 21,1 %

En Vigo, máis do 60 % aposta por Abel Caballero como alcalde e o PSOE mantería a maioría absoluta

Álvaro Ballesteros-Europa Press Álvaro Ballesteros-Europa Press
G24.gal 01/07/2025 20:08 Última actualización 01/07/2025 20:16

O Partido Popular de Galicia sería o máis votado nunhas hipotéticas eleccións autonómicas cun 27,5 % dos apoios, seguido polo BNG cun 25,3 % e polo PSdeG cun 21,1 %, segundo unha enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) realizada en marzo a partir de 1.146 entrevistas na comunidade.

Respecto das preferencias para presidir a Xunta, o 32,2 % prefire ao actual presidente, Alfonso Rueda; o 20,8 % á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; e o 7,6 % ao líder socialista José Ramón Gómez Besteiro.

En canto á valoración da xestión do Goberno galego, o 40,6 % dos enquisados cualifícaa de "boa", fronte ao 28,4 % que a considera "mala" e o 15,1 %, "moi mala".

Ao preguntarlles polas actuacións prioritarias da Xunta para os próximos anos, o 18,1 % sinala a mellora da sanidade pública como o principal reto. Séguenlle os plans de fomento do emprego (8,6 %), o acceso á vivenda (7,8 %), a loita contra o cambio climático (7,8 %) e a mellora dos servizos públicos e políticas sociais (6,6 %).

Eleccións xerais: empate técnico entre PP e PSOE

En caso de eleccións xerais, o 27,4 % votaría polo PP, mentres que o 26,7 % apoiaría o PSOE. O BNG obtería un 11 %, Vox un 4,6 %, Sumar un 2,8 % e Podemos un 2,6 %. Un 12,1 % aínda non decidiu o seu voto.

Segundo a lembranza de voto nas xerais de xullo de 2023, o 35,6 % apoiou o PSOE, o 30,1 % o PP, o 11,9 % o BNG e o 10,5 % Sumar.

Vigo mantén o apoio maioritario ao PSOE e a Abel Caballero

O CIS inclúe tamén datos municipais sobre Vigo, onde o PSOE mantería a maioría absoluta cun 49,5 % dos votos. O BNG obtería un 14,9 % e o PP un 10,7 %.

En canto á preferencia para a alcaldía, o 62,1 % escolle a Abel Caballero como candidato preferido. A seguinte opción é un hipotético “candidato/a que nomee o BNG” (4,3 %) e, xa en terceiro lugar, o actual voceiro municipal do BNG, Xabier Igrexas, con 2,5 %.

De cara a unhas eleccións xerais, o 26,7 % dos vigueses votaría polo PSOE, o 22,1 % polo PP e o 10,4 % polo BNG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade