O PPdeG lamenta que o Congreso "prorrogue por vez número 60" o debate da transferencia da AP-9
O atraso vén porque a Mesa da Cámara Baixa, segundo os populares, "decidiu non pechar o prazo das emendas ao articulado"

O PPdeG lamentou este martes "a aprobación da prórroga número 60, desde que Pedro Sánchez chegou á Moncloa, ao prazo de presentación de emendas" á proposición de lei orgánica relativa á transferencia da AP-9 a Galicia.
Despois de que a semana pasada a Mesa do Congreso pechase o prazo das emendas á totalidade, os populares sinalan que "este martes decidiu non pechar o prazo das emendas ao articulado, atrasando polo menos unha semana máis esa decisión".
En total, os populares recalcan que "xa van 45 aprazamentos nesta lexislatura, que acumulados cos 15 da anterior suman os mencionados 60".
Así, afean que "son xa case seis anos de bloqueo desde que en decembro de 2019 decidiuse dar inicio á tramitación desta proposición na Cámara Baixa".
Os populares poñen o foco en que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reivindicou o "desbloqueo" de forma "triunfalista" a semana pasada.
"O independentismo galego foi enganado unha vez máis polo Goberno de Sánchez", remarcou o deputado galego do PPdeG e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Movilidad Sostible do Congreso, Celso Delgado.