Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moción de censura fai a Mariola Sampedro, do PPdeG, nova alcaldesa de Ribeira

Unha moción de censura fai a Mariola Sampedro, do PPdeG, nova alcaldesa de Ribeira

Chega á alcaldía cos votos a favor do Partido Popular e o apoio de tres concelleiros do Partido Barbanza Independente (PBBI), que en 2023 favorecera a alcaldía do BNG

A nova rexedora que é de Ribeira, dixo que "non hai honra nin responsabilidade máis grande que servir aos seus veciños"

(EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 13/10/2025 14:46 Última actualización 13/10/2025 18:40

O pleno da moción de censura en Ribeira xa se prevía duro e arrancou con berros. A policía tivo que intervir varias veces para pedir silencio. No pleno, a aínda candidata, Mariola Sampedro, defendía a lexitimidade do Partido Popular para lograr o goberno municipal.

A moción de censura foi promovida polo Partido Popular e o Partido Barbanza Independente (PBBI). Os 13 votos que sumaron populares (10) e independentes (3) no pleno celebrado este luns bastaron para arrebatarlle o bastón de mando a Pérez Barral, que chegara á Alcaldía nas eleccións municipais de 2023 grazas ao apoio do edil socialista e dos cinco do PBBI.

Tras o debate da moción e a votación que a proclamou alcaldesa, Sampedro tomou a palabra para manifestar o seu agradecemento tanto a "a súa familia, equipo e a toda a xente que a quere e confía nela".

"Non hai honra máis grande que ser alcaldesa do sitio no que naces, non hai resonsabilidad máis grande que servir a todas as miñas veciñas e a todos os meus veciños. Hoxe non é un día para grandes discursos, pero si quero adquirir un commpromiso con todos vós, un compromiso baseado nos principios que aprendín desde ben pequena", aseverou emocionada.

Entre aplausos e tras baleirarse parte do Auditorio Vello de Ribeira, no que se celebrou o pleno extraordinario, Sampedro reiterou o seu compromiso en que "a lealdade, o traballo e o esforzo estarán desde o primeiro ata o último día do seu mandato".

Así mesmo, destacou que "esixirá gobernar desde o respecto, desde a educación e desde a honestidade, un compromiso en que seguirá mirando á xente aos ollos con franqueza, entendemento e fóra da trincheira política".


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade