Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez cesa a Antonio Hernández, man dereita de Paco Salazar na Moncloa

Pedro Sánchez cesa a Antonio Hernández, man dereita de Paco Salazar na Moncloa

María Jesús Montero optou tamén por sacalo da Executiva do PSOE de Andalucía, onde era responsable da Secretaría de Datos

Pedro Sánchez durante o acto do Día da Constitución. Alberto Ortega / Europa Press
G24.gal 07/12/2025 22:47

O Consello de Ministros cesará o vindeiro martes a Antonio Hernández como director do departamento de Coordinación Política no Gabinete da Presidencia do Goberno polos supostos casos de acoso sexual perpetrados polo seu superior, o exasesor da Moncloa Paco Salazar.

Fontes do Goberno confirmaron a EFE a saída de Hernández, adiantada por eldiario.es, e subliñaron que, aínda que este negou as acusacións de protección de Salazar, entende que debe apartarse polo ben do Executivo.

Desta forma, e como xa fixera co propio Salazar, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quixo actuar con contundencia con Hernández, home de máxima confianza do exasesor da Moncloa.

Así mesmo, e segundo engaden fontes do PSOE, a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, optou tamén por sacalo da Executiva do PSOE de Andalucía, onde era responsable da Secretaría de Datos.

O cesamento chega un día despois de que Sánchez negase que houbese connivencia para protexer o exasesor Salazar e ofrecese a axuda do partido ás dúas militantes socialistas que denunciaron estes feitos se deciden levar o caso á Fiscalía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade