Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a tensión en Venezuela polas ameazas norteamericanas

Aumenta a tensión en Venezuela polas ameazas norteamericanas

A líder opositora, María Corina Machado, asegura que recollerá o Nobel da Paz o próximo mércores

Manifestacións dos opositores de Venezuela nas principais cidades do mundo
G24.gal 07/12/2025 13:22 Última actualización 07/12/2025 13:49

Son imaxes das protestas que os opositores venezolanos en cidades coma Bos Aires, Bogotá ou Madrid, fixeron para apoiar á súa líder, María Corina Machado, que a semana que ven ten previsto recoller o premio Nobel da Paz. Os opositores denunciaron tamén a recente morte no cárcere do ex gobernador e dirixente antichavista Alfredo Díaz.

"Imos honrar a todas as vítimas, a todos os que sacrificaron a súa existencia, como Alfredito Díaz, que hoxe representa a todo ese martiriloxio", dixo en Madrid o dirixente opositor Antonio Ledezma.

Mentres, no interior de Venezuela aumenta a tensión polas ameazas de intervención, aérea ou terrestre, realizadas polo presidente norteamericano, Donald Trump, e cualificadas de ilegais polo presidente Nicolás Maduro.

"Venezuela non foi, non é nin será nunca, unha ameaza para os Estados Unidos de Norteamérica, ao contrario, Venezuela non é ameaza, é garantía de seguridade", sinalou Nicolás Maduro.

Desde a clandestinidade na que vive en Venezuela, a principal dirixente opositora ao chavismo, María Corina Machado, aseguroulles aos organizadores dos Premios Nobel que o próximo mércores, día dez, estará en Oslo, a capital norueguesa, para recoller o seu premio Nobel da Paz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade