Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel bombardea sedes do Ministerio de Intelixencia e a Forza Quds en Teherán

Israel bombardea sedes do Ministerio de Intelixencia e a Forza Quds en Teherán

O Exército israelí anunciou tamén que concluíra outras tres ondas de ataques contra lanzamisiles

Teherán tras os ataques de Israel e os EUA este domingo. Reuters Teherán tras os ataques de Israel e os EUA este domingo. Reuters
G24.gal 02/03/2026 21:12 Última actualización 02/03/2026 21:20

A aviación israelí bombardeou na noite deste luns Teherán, atacando sedes do Ministerio de Intelixencia iraniana e a Forza Quds da Garda Revolucionaria, segundo un comunicado do Exército de Israel.

"A Forza Aérea de Israel, dirixida pola Dirección de Intelixencia do Exército, atacou decenas de sedes do réxime terrorista iraniano no corazón de Teherán", recolle a súa nota.

O bombardeo, segundo o Exército, tivo por obxectivo "sedes, bases e centros de mando rexionais" dos corpos de seguridade interna iranianas, alegando que estes estaban a cargo de "suprimir as protestas contra o réxime con medidas violentas e arrestando a civís".

Ademais, a aviación atacou máis de dez sedes do Ministerio de Intelixencia iraniana e varias da Forza Quds: "Os ataques estaban dirixidos a sedes adicionais onde a intelixencia militar identificou actividade do réxime", di a nota.

Entre os obxectivos había lanzadeiras de mísiles, sitios de produción de armas e outras posicións da forza aérea iraniana. Nun comunicado posterior, o Exército de Israel anunciou tamén que concluíra outras tres ondas de ataques contra lanzamisiles.

"A Forza Aérea israelí lanzou centos de municións en decenas de lanzamisiles, sistemas de defensa aérea e baterías de lume" iranianos.O Exército atacou aproximadamente 600 obxectivos en Irán, segundo o seu propio reconto.

Más de 555 persoas morreron na República Islámica por mor dos ataques iniciados este sábado de forma conxunta por Israel e os Estados Unidos, mentres que en territorio israelí os mísiles de Irán cobráronse a vida de 10 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade