Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aumentará un 30 % as axudas para que os concellos rehabiliten vivendas e as poñan en alugueiro

A Xunta aumentará un 30 % as axudas para que os concellos rehabiliten vivendas e as poñan en alugueiro

Pontón asegura que en 2028 non estarán construídas as 4.000 vivendas que o Goberno galego prometeu: "É outra das súas loias", dille a voceira do Bloque a Rueda

Besteiro insta o presidente a denegar o proxecto de Altri: "É un proxecto baleiro e morto. Se non o fai, non só cometerá un erro político, senón que rozará a prevaricación"

Santalices reprende o líder socialista por cambiar a pregunta do pleno: "Non se pode estar tensionando constantemente o presidente do Parlamento, cínganse ás preguntas"

EFE/Lavandeira jr EFE/Lavandeira jr
G24.gal 03/12/2025 08:31

A Xunta vai incrementar nun 30 % as axudas destinadas aos concellos para rehabilitar inmobles en desuso e destinalos ao alugueiro "de carácter social". Anunciouno o presidente, Alfonso Rueda, na sesión de control ao Goberno celebrada no Parlamento galego.

O xefe do executivo explica que o 95 % das obras de reforma estarán financiadas polo Executivo autonómico, co obxectivo de  blindar "o carácter social" destas vivendas. Ademais, Rueda mantén o seu compromiso de construír 4.000 novos pisos de protección nesta lexislatura. A nova convocatoria deste programa aprobarase neste mes no Consello da Xunta

Pontón: "Vostede sabe que en 2028 non vai haber construídas 4.000 vivendas públicas en Galicia"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dubida do compromiso da Xunta de construír 4.000 vivendas públicas de aquí a 2028. Afirma que a día de hoxe "só entregou 47", citando os datos do Ministerio de Vivenda; e acusou a Xunta de "loias e propaganda" e de facer da mentira "a súa forma de Goberno".

"As 22.600 persoas que están no Rexistro de demandantes de vivenda protexida teñen máis posibilidades de que lles toque a lotería de Nadal que de cumprir o seu dereito a unha vivenda digna", lamentou.

Rueda explica que as vivendas públicas comprometidas están "en construción" e convidou a Pontón a acudir á entrega "a principios" de 2026 das 74 que se entregarán en Pontevedra, no barrio de Valdecorvos, e "comerá as súas palabras", e asegura que 14 concellos do Bloque colaboran xa coa Xunta en materia de vivenda.

Besteiro: "Se non ten o valor de denegar o proxecto de Altri, cometerá un erro político e rozará a prevaricación"

O voceiro do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, preguntoulle ao presidente do Goberno polo proxecto de Altri, malia que na orde do día figuraba que falaría sobre políticas do Benestar.

O líder socialista asegura que se trata dun proxecto "baleiro e morto", que non se sostén "medioambientalmente nin economicamente" tras quedar fóra do PERTE, rede de conexión eléctrica e ao non lle ter concedidos fondos europeos de innovación e pídelle ao presidente que mova ficha: "Se non ten o valor de denegar o proxecto de Altri cometerá un erro político e rozará a prevaricación", apunta Besteiro.

Alfonso Rueda insiste en que os que deciden os expedientes son os técnicos: "Non espere de min outra cousa que facer o que din os técnicos", e engade: "O seu logro e o seu legado será deixar a provincia de Lugo sen conexión eléctrica".

Santalices: "Non se pode estar tensionando constantemente o presidente do Parlamento

Besteiro recibiu unha reprimenda por parte do presidente da Cámara, Miguel Santalices, por cambiar o contido da pregunta dirixida ao presidente da Xunta: "Non se pode estar tensionando constantemente o presidente do Parlamento. Pido que no sucesivo se cingan á pregunta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar