Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo promete quitar o pagamento do IVE aos autónomos que facturen menos de 85.000 euros ao ano

Feijóo promete quitar o pagamento do IVE aos autónomos que facturen menos de 85.000 euros ao ano

Feijóo di diante dos autónomos de Soria que para o seu goberno serán prioritarios os traballadores por conta propia

IVE: “De catro declaracións a unha. Eliminaremos toda a burocracia innecesaria”, sinalou o líder do PP

Feijóo en Soria este sábado pola mañá
G24.gal 18/10/2025 12:23

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este sábado en Soria con autónomos para "escoitar" as súas propostas e denunciar o "sabrazo" que, ao seu xuízo, pretende o Goberno de Pedro Sánchez coa proposta para elevar a cota a este colectivo a partir de 2026, segundo indicaron a Europa Press fontes do partido.

En Soria, este sábado, acompañado do presidente da Comunidade de Castela e León, Feijóo entregouse cos autónomos e, amais de sacarlles o IVE aos que menos facturen, tamén se comprometeu, se chega a presidente do Goberno do Estado, a que os traballadores por conta propia só teñan que declarar o imposto sobre o valor engadido unha vez ao ano.

“De catro declaracións a unha. Eliminaremos toda a burocracia innecesaria”, sinalou o líder do PP.

Con esta proposta, Feijóo explicou que pretende aumentar os beneficios deste segmento dos autónomos. 

O líder do PP insistiu para rematar que o seu Goberno vai considerar os autónomos traballadores prioritarios.

"A miña mensaxe é sinxela. En España ten que valer a pena traballar", salientou.

Concluíu dicindo Feijóo que "España é un país caro para os traballadores e barato para a 'jeta'"

No Congreso, tanto o PP coma outros grupos parlamentarios rexeitaron a proposta que o Goberno elevou este luns ás organizacións de autónomos e sindicais, que recolle subas de cotas de maneira progresiva para os autónomos no período 2026-2031 e que na práctica supoñería que unha persoa con ingresos de 670 euros pagaría unha cota de 217 euros.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade