Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel identifica como Eliyahu Margalit o cadáver do refén entregado por Hamas

Israel identifica como Eliyahu Margalit o cadáver do refén entregado por Hamas

O corpo fora exhumado este venres en Gaza 

G24.gal 17/10/2025 22:12 Última actualización 18/10/2025 08:29

O Centro de Medicina Forense Abu Kabir de Yafa identificou durante a noite o cadáver do refén entregado por Hamas como pertencente a Eliyahu Margalit, anunciou a oficina do primeiro ministro, Benjamín Netanyahu.

"Representantes do Exército informaron á familia do secuestrado Eliyahu Margalit de que o seu ser querido fora devolto a Israel e a súa identificación completada", recolle o comunicado.

O grupo islamita Hamas anunciara ete venres que entregara á Cruz Vermella o cadáver doutro refén en Gaza, exhumado ese mesmo día. 

“Como parte do acordo Tormenta de Al Aqsa para a liberación de presos, as Brigadas Al Qasam, o brazo armado de Hamas, entregarán o corpo dun prisioneiro israelí exhumado hoxe en Gaza ás 23.00 horas locais (20.00 GMT)”, sinalaron nun comunicado.

Pola súa banda o exército israelí asegurara que a Cruz Vermella recibira o corpo do refén e que o trasladara para poñelo baixo custodia das súas tropas na Franxa de Gaza.

Tras a saída do corpo de Margalit de Gaza quedan no enclave 18 corpos de reféns. 

Na Franxa de Gaza, as excavadoras buscan entre os cascallos os restos dos reféns israelís que aínda non foron entregados
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar