Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda comprométese a aprobar a lei para o terceiro sector que demandan organizacións coma Cogami

Rueda comprométese a aprobar a lei para o terceiro sector que demandan organizacións coma Cogami

O presidente da Xunta participou na celebración do 35 aniversario da entidade

Cogami presta servizo en Galicia a 15.000 persoas

G24.gal 17/10/2025 20:28 Última actualización 17/10/2025 20:36

A Confederacion galega de persoas con discapacidade, Cogami, celebrou este venres en Santiago o seu 35 aniversario. 

No acto participaron, entre outras autoridades, o presidente da Xunta e a Conselleira de Política Social. 

Alfonso Rueda eloxiou o papel da entidade na construción dunha Galicia máis xusta, solidaria e inclusiva.

Rueda comprometeuse a aprobar a lei para o terceiro sector que demandan organizacións coma Cogami, que en Galicia presta servizo a 15.000 persoas. 

"Espero aprobar co consenso maioritario e se pode ser unánime de todos os grupos do Parlamento esa lei que dignifique e poña no seu lugar aquilo que debe estar: os dereitos á inclusión e á plena condición das persoas con discapacidade", concluiu o presidente Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos