Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump di que Putin quere acabar a guerra e Zelenski pídelle que o force a negociar

Trump di que Putin quere acabar a guerra e Zelenski pídelle que o force a negociar

Trump espera que a guerra de Ucraína poida terminar sen fornecer 'Tomahawks' a Kiev

"Estou convencido de que podemos acabar esta guerra coa túa axuda", díxolle Zelenski a Trump

Trump reitera as súas críticas a España polo gasto militar: "Non foi leal coa OTAN"

G24.gal 17/10/2025 19:30

Volodomir Zelenski volveu por terceira vez á Casa Branca para buscar o apoio de Donald Trump, máis disposto que nunca a impulsar un plan de paz entre Rusia e Ucraína tras o éxito diplomático en Oriente Próximo. O presidente dos Estados Unidos recoñece avances.

"Hai moi mal sangue polas dúas partes e iso está atrasando unha solición, pero creo que imos conseguila, e será unha paz duradeira", asegura Trump, que ten pechada unha reunión con Vladimir Putin en Budapest.

O presidente ucraíno amosouse disposto a acudir a ese encontro , pero cre que Putin non está preparado para a paz.

"Necesitamos sentarnos con el, hai que forzalo a negociar", di, para conseguir canto antes un alto o fogo.

Trump, dixo este venres ao iniciar o encontro na Casa Branca que espera que a guerra con Rusia poida terminar sen ter que enviar a Kiev os mísiles Tomahawk que os ucraínos piden.

"Esperemos que non os necesiten. Esperamos que podamos terminar a guerra sen pensar en tomahawks", declarou Trump ao iniciar un xantar de traballo con Zelenski na sala do gabinete.

O mandatario asegurou que Estados Unidos necesita os Tomahawk e que un dos motivos polos que quere poñer fin á guerra de Ucraína é deixar de "proporcionar cantidades masivas de armas" a Kiev.

"Nós necesitamos os Tomahawk e necesitamos moitas das outras armas que enviamos a Ucraína durante os últimos anos", apuntou.

Zelenski respondeu que a guerra con Rusia é tamén "unha guerra tecnolóxica" e apuntou que, aínda que Ucraína usa drons de fabricación propia, non ten acceso a Tomahawks e necesítaos para seguir combatendo.

Preguntado pola prensa sobre se Estados Unidos autorizaría ataques aéreos a longa distancia dentro de territorio ruso, Trump limitouse a dicir: "Iso sería unha escalada, pero falaremos sobre iso".

Trump suxerira nos últimos días que podería fornecer Tomahawk, mísiles de fabricación estadounidense, a Ucraína, como unha estratexia para presionar a Rusia tras semanas de frustración pola negativa do Kremlin a deter os combates.

Trump recibiu a Zelenski ao día seguinte de conversar por teléfono co presidente ruso, Vladímir Putin, con quen acordou reunirse proximamente en Budapest para buscar o fin da guerra, o segundo cume entre ambos desde a de Alaska, en agosto pasado.

Durante a chamada, Putin advertiu a Trump de que a subministración de Tomahawk, mísiles de fabricación estadounidense, a Ucraína sería percibido por Rusia como unha escalada hostil. 

Engadiu que espera que a guerra con Rusia poida terminar sen ter que enviar a Kiev os mísiles que os ucraínos piden.

No inicio do encontro, Zelenski felicitou a Trump polo plan para o cesamento do fogo en Gaza. Agarda que algo similar ocorra co conflito ucraíno.

 "Estou convencido de que podemos acabar esta guerra coa túa axuda", díxolle Zelenski a Trump

O líder ucraíno pretende pedir a Trump a transferencia de novos sistemas de defensa antiaérea para interceptar os constantes ataques rusos contra infraestrutura ucraína, especialmente instalacións enerxéticas.

Novas críticas a España: "Non foi leal coa OTAN"

Trump, volveu apuntar de novo contra o Goberno de España polas discrepancias sobre o obxectivo de gasto militar do cinco por cento do PIB acordado no cume de líderes da OTAN que tivo lugar a finais de xuño na cidade neerlandesa da Haia.

"España non foi leal coa OTAN (...) Creo que debería ser reprendida por iso. Creo que é moi malo o que fixeron, pero é asunto seu, é asunto da OTAN e de España", manifestou

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade