Cargando resultados...
Fotos e unha banda sonora orixinal polos 100 anos da primeira película de 'La casa de la Troya'
Tanto o libro coma o filme foron un fenómeno a un lado e outro do Atlántico
É unha viaxe a aquela Compostela de estudantes a finais do século XIX e aos costumes da Galicia daquel tempo
G24.gal
18/10/2025 15:30
Última actualización 17/10/2025 22:46
'La casa de la Troya' foi todo un fenómeno editorial a un e outro lado do Atlántico. Ademais, do libro fixéronse cinco películas. A primeira delas, dirixida polo propio escritor, Pérez Lugín, fai 100 anos.
Para celebrar o centenario hai unha banda sonora composta para a ocasión, que xa se interpretou en directo durante a proxección desta película muda.
E podemos ver en Santiago, no propio Museo Casa de la Troya, unha exposición con fotos daquela rodaxe, daqueles tempos.