Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo e o Tenerife empatan nun partido de tolos (2-2)

O Lugo e o Tenerife empatan nun partido de tolos (2-2)

O Tenerife mandaba por 2-0 no descanso

O Lugo empatou na segunda e mesmo puido gañar

G24.gal 07/12/2025 22:53

O Lugo acabou por empatar ante o Tenerife un partido que pareceu perdido durante moitos minutos e no que puido gañar nun final taquicárdico.

O encontro do Anxo Carro contou cun heroe inagardado para o Tenerife na primeira parte, o brasileiro Fabricio Assis, autor de dous goles. Aí foi cando o encontro pareceu un imposible para os galegos. Os visitantes controlaron o xogo de xeito abafante e a pegada do brasileiro lles auguraba un partido plácido. Pero a volta dos vestiarios, o Lugo colleu o sacho e, facendo bo o seu lema, puxéronse a traballar.  Con Samanes e Nicholas xa no campo, os de Iago Iglesias protagonizaron unha épica reacción que primeiro selou Samanes e logo Unzueta de penalti. Nos dez minutos que quedaban, o Lugo tivo opcións para a vitoria, mesmo un remate ao pao, pero, o igual que fixera antes o Tenerife, deixounas ir. 

Con este empate, o Lugo está de doce na clasificación con 19 puntos.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar