Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Tellado será o novo secretario xeral do PP

Miguel Tellado será o novo secretario xeral do PP

Así o anunciou Feijóo nunha entrevista, definíndoo como un home con experiencia parlamentaria

Ester Muñoz será a nova portavoz do PP na Cámara Baixa

Marta Fernández/Europa Press
G24.gal 02/07/2025 10:21

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, comunicou este mércores sobre a decisión de que, o actual portavoz do partido popular no congreso, Miguel Tellado, será o novo secretario xeral do partido.

O líder popular fixo este anuncio nunha entrevista para Antena 3, logo de que o luns, Cuca Gamarra anunciase que lle pedía a súa substitución.

Desta maneira. Tellado pasaría a ser a man dereita do líder popular, mentres que a vicesecretaria de Educación e Saúde Ester Muñoz ocupará o seu lugar como portavoz na Cámara Baixa.

Segundo Feijóo, son dous cambios importantes e dous modelos diferentes, dúas persoas mozas con experiencia parlamentaria

O líder popular vai ser reelixido presidente da formación no XXI Congreso de Madrid, pois é o único candidato.

Miguel Tellado é un galego de 51 anos que leva exercendo como portavoz do PP no Congreso dos Deputados dende o 2023. Chegou ao cargo por decisión directa de Feijóo e o seu discurso destaca polo estilo directo e críticas sen paliativos ao Executivo, que considera unha mafia.

Pola súa parte, Ester Muñoz, leonesa de 50 anos, elevouse como unha das figuras con maior proxección no PP. Entrou no 2023, a través de Novas Xeracións, e foi elixida como deputada ao Congreso. Meses despois Feijóo nomeouna vicesecretaria de Educación e Saúde.

Tellado pronúnciase e agradece a Feijóo

Miguel Tellado, agradeceu este mércores o seu nomeamento como futuro secretario xeral do partido cunha publicación na rede social X.

Segundo Tellado, o país necesita política de altura e quen lla pode dar é Feijóo cun goberno honesto e honrado. "A corrupción e a degradación institucional do sanchismo teñen os días contados", afirmou.

O PSOE cualifícaos de hooligans

O PSOE criticou estes dous nomeamentos, definindo que  formación do partido liderado por Feijóo semella máis un grupo de hooligans ca un partido conservador moderado.

Nun comunicado, os socialistas ironizan que "ser hooligan ten premio" e recordan que as intervencións de Tellado sempre contan con faltas de respecto cara ao adversario político e exerce un labor coma deputado que deixa moito que desexar.

Inciden en que Feijóo é un home desesperado, que organizou unha moción de censura por Zoom e que perdeu por incomparecencia de interlocutores.

"España non merece que o seu Goberno o presida alguén que ía de vacacións cun narcotraficante. Ese non é o seu pasado, Sr. Feijóo, é a foto que marcará o seu futuro político", acaba o comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade