Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuca Gamarra deixará a secretaría xeral do PP no congreso desta fin de semana

Cuca Gamarra deixará a secretaría xeral do PP no congreso desta fin de semana

Feijóo renovará a dirección do partido, pero manterá Gamarra no seu núcleo duro

A exnúmero dous podería asumir competencias en Xustiza na nova etapa

EFE/Borja Sanchez-Trillo EFE/Borja Sanchez-Trillo
G24.gal 30/06/2025 15:48 Última actualización 30/06/2025 20:53

Cuca Gamarra deixará de ser secretaria xeral do Partido Popular no congreso nacional que se celebrará esta fin de semana en Madrid. A pesar de abandonar ese cargo, continuará formando parte do núcleo duro de Alberto Núñez Feijóo e previsiblemente asumirá responsabilidades na área de Xustiza.

Nunha comparecencia ante os medios, Gamarra asegurou que agora se abre unha nova etapa e explicou que lle pediu a Feijóo unha remuda na secretaría xeral. “Correspóndelle a el decidir cales son as persoas máis adecuadas e en que posto, para afrontar o futuro que temos por diante, nun momento de importantes crises políticas no noso país”, sinalou.

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu este luns a súa axuda estes tres anos para "reunificar" o partido e lograr vitorias electorais e confirmou que "seguirá xogando no seu equipo" a pesar de que deixará de ser a secretaria xeral do PP.

Tellado, posible sustituto de Gamarra

Cando Feijóo foi elixido presidente en abril de 2022 apostou por Tellado como vicesecretario de Organización do PP, pero ese cargo deixouno en novembro de 2023 para ser voceiro do Grupo Popular no Congreso.

Tellado é unha persoa da máxima confianza de Feijóo e, de feito, xa foi o seu secretario xeral do PP galego desde 2016 a 2022 cando el estaba á fronte da Xunta de Galicia. Agora, podería recompensar a súa fidelidade coa súa designación como 'número dous' do PP, segundo prognostican distintas fontes.

A pesar do hermetismo de Feijóo, nas filas do PP hai coincidencia en que a actual vicesecretaria de Sanidade e Educación do PP, Ester Muñoz, é un valor en alza dentro do partido e distintas voces apuntan a que podería ser a encargada de substituír a Tellado como nova portavoz do Grupo Popular no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade