Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado de Negreira abre xuízo oral contra o exalcalde da Baña por apropiación de móbiles

O xulgado de Negreira abre xuízo oral contra o exalcalde da Baña por apropiación de móbiles

Acúsano de malversación pola desaparición de seis teléfonos do Concello

O proceso tamén inclúe a súa exparella como cooperadora necesaria

G24.gal 26/06/2025 15:46

O Xulgado de Negreira acordou abrir xuízo oral ao exalcalde da Baña Andrés García Cardeso (PP) e contra a súa exparella pola desaparición de seis teléfonos móbiles do Concello despois das eleccións municipais de 2023.

O auto, datado o 23 de xuño, considera que hai indicios dun delito de malversación por parte do exrexedor e de apropiación indebida coa súa exparella como cooperadora necesaria.

O caso será xulgado no Xulgado do Penal da Coruña. Os dous investigados deberán presentar unha fianza de 1.700 euros para asegurar posibles responsabilidades económicas derivadas da causa.

A acusación particular solicita para García Cardeso un ano de prisión e dous anos de inhabilitación para cargo público. Para a súa exparella pide seis meses de cárcere e tamén dous anos de inhabilitación.

En canto á responsabilidade civil, a acusación reclama unha indemnización conxunta de 1.297,80 euros pola desaparición dos móbiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade