Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda cre que o aval do TC á lei de amnistía é a antesala de moitas desigualdades

Rueda cre que o aval do TC á lei de amnistía é a antesala de moitas desigualdades

O presidente da Xunta cre que esta decisión supoñerá cesións a moitas das cuestións que está a esixir o independentismo catalán

Alfonso Rueda este xoves no Concello da Coruña (EFE / Moncho Fuentes)
EFE 26/06/2025 16:11

O presidente da Xunta Alfonso Rueda prognosticou este xoves que o aval do Tribunal Constitucional á lei de amnistía é a antesala de moitas desigualdades.

Segundo sostivo o mandatario galego en declaracións aos medios na Coruña, esta decisión supoñerá cesións a moitas das cuestións que está a esixir o independentismo catalán; algunhas directamente para o beneficio persoal dos seus líderes políticos, do señor (Carles) Puigdemont especialmente.

Mostrou o seu temor ante a posibilidade de que mediante o aval do Constitucional se rompa esa igualdade básica que ten que haber entre todos os territorios de España.

Con todo, insistiu en que se trata dunha decisión do Tribunal Constitucional e por tanto será acatada, xa que, apuntou: "Sempre digo o mesmo, as sentenzas hai que acatalas, gusten ou non gusten".

"A min esta non me gusta, sinceramente, pero non queda outra que acatala", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos