Publicador de contidos

Publicador de contidos

O auditor de Plus Ultra admite que a aeroliña non tiña liquidez antes do rescate

O auditor de Plus Ultra admite que a aeroliña non tiña liquidez antes do rescate

Jesús Ángel Carbajo relata na Comisión de investigación do Senado que viu algunha factura de Análisis Relevante

G24.gal 20/05/2026 14:32

A situación económica da aeroliña Plus Ultra acumulaba importantes perdas previamente á operación de rescate. Admitiuno o encargado de auditar as contas da compañía a preguntas do portavoz do Partido Popular.

"Era unha empresa que non tiña liquidez dous anos antes da pandemia. É correcto?", pregunta o senador Salvador de Foronda. "Si", responde o auditor, Jesús Carbajo.

O auditor nega que lle encargasen informes para xustificar o rescate de 53 millóns de euros avalado polo Goberno, pero recoñece que entre os documentos analizados para os seus informes había algunha factura da empresa Análisis Relevante, clave no auto xudicial que investiga ao expresidente Zapatero.

"Vimos algunha factura de Julio Martínez Martínez. Da empresa", recoñece Carbajo.

Julio Martínez é o administrador de Análisis Relevante, a empresa da que, segundo a investigación, Zapatero e as súas fillas chegaron a cobrar ata 600.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade