Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP de Galicia reclama unha base permanente da UME no concello de Toén

O PP de Galicia reclama unha base permanente da UME no concello de Toén

Os populares consideran unha "desvantaxe loxística" que a base da UME máis próxima a Galicia estea en León

G24.gal 04/07/2026 17:18 Última actualización 04/07/2026 18:09

O PP de Galicia, a través do seu grupo parlamentario no Congreso, reclama unha base permanente da Unidade Militar de Emerxencias (UME) en Galicia.

Os populares piden, a través dunha proposición non de lei, que estea situada na provincia de Ourense, concretamente no Centro integral de Loita contra o Lume, no concello de Toén.

Segundo explica nunha nota de prensa, o feito de que a base da UME máis próxima estea en León supón unha desvantaxe loxística. Do mesmo feito, xustifica o lugar elixido pola súa situación estratéxica e porque Ourense é unha das zonas máis castigadas polo incendios.

Ademais, o PP considera que actuaría "como motor económico" dunha provincia que arrastra un déficit histórico en canto a investimentos e infraestruturas e moi afectada polo despoboamento.

Esta iniciativa súmase a aprobación no Parlamento de Galicia, o pasado 23 de xuño, dunha proposición na que insta o Goberno central a crear esta base.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade