Contido con Xeográficas .
Lugo

Nun barrio de Lugo reparten polo San Xoán milleiros de racións de becerro asado
23/06/2025 21:07
Con preto de 20 metros de perímetro e cinco de altura, a da Piringalla é a maior das máis de 300 fogueiras organizadas na cidade

Cruzarse cun condutor en sentido contrario, das situacións máis estresantes e graves ao volante
23/06/2025 14:25
Son situacións que poden ter consecuencias moi graves; a recomendación, tanto para o infractor como para o que circula correctamente, é minorar a marcha e parar nun lugar seguro
Ao ano en España detéctanse unha media de 200 accidentes con condutores kamikazes

Xa está aquí o Resurrection Fest, cun cartel entre os que destacan Judas Priest, Körn e Slipknot
23/06/2025 13:46
En Viveiro traballan sen descanso para ter todo listo para o inicio do festival este mércores

O Breogán ficha ao ala-pivote danés Bakary Dibba, semifinalista da Bundesliga
23/06/2025 12:22
Nesta última campaña, Dibba mediou 27 minutos en pista na tempada regular cunha media de 9,9 puntos, 4,1 rebotes e 1,1 asistencias por encontro

Cultura, historia e biografía nas obras teatrais do cemiterio de Lugo
22/06/2025 19:14
Este domingo unha representación enxalzou a vida de tres músicos que están soterrados no camposanto lugués

Unha galega capitanea unha investigación sobre técnicas para paliar o quecemento global
22/06/2025 14:22
A investigación céntrase en diminuír e evitar o uso de insecticidas, pesticidas e herbicidas e substituílos por técnicas agroecolóxicas

O último chanzo para o ascenso da Sarriana
21/06/2025 22:54
Xoga como local diante do Pulpileño este domingo ás 19:00 (G2) nunha eliminatoria moi equilibrada despois do empate sen goles da ida

A angustia de vivir á beira dunha estrada onde os coches pasan "coma lóstregos"
21/06/2025 21:03
Os veciños de Galdo, en Viveiro, reclaman un sistema para que os vehículos reduzan a velocidade na comarcal LU-P-6608

Éxito na poxa nacional da Raza Rubia Galega de Adai, no Corgo
21/06/2025 14:44
As xatas preñadas poxáronse a partir dos 3.000 euros

Catorce equipos compiten en Friol esta fin de semana nas Olimpíadas Rurais
20/06/2025 20:48
É a segunda edición dun evento no que os participantes disputan probas baseadas en xogos tradicionais como a comba, a cucaña, os zancos ou a chave
A cita serve para demostrar o dinamismo social e deportivo que hai en pobos do medio rural

Cinco días sen auga, en plena vaga de calor, nunha rúa de Lugo
20/06/2025 13:42
As familias afectadas, con bebés e anciáns, van asearse ás casas de parentes e achegados

Detido un sacerdote en Sarria acusado de agredir sexualmente unha menor
20/06/2025 09:24
A Diocese de Lugo condena o sucedido e lamenta o sufrimento e o dano que esta situación está a provocar á vítima e á súa familia
Á espera de que se esclarezan os feitos, o relixioso foi apartado das súas funcións de maneira cautelar
Como medidas cautelares, a xuíza impúxolle a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa denunciante

Arquivada a última peza da operación Pulpo sobre irregularidades na Deputación de Lugo
19/06/2025 18:48
A causa, na que se chegou a investigar o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciouse por mor duns anónimos que recibira a líder do PP de Lugo, Elena Candia, sobre suposto acoso laboral

Case 4 anos de cárcere para unha muller en Lugo por apropiarse de 163.000 euros da súa tía anciá
19/06/2025 18:21
A afectada tiña 89 anos de idade e marchou da casa porque non a trataban ben
A acusada negou os feitos, recoñecendo que fixera esas retiradas de efectivo, pero que o facía por indicación da súa tía, e argumentou que descoñecía o destino dos cartos

As altas temperaturas derreten o alcatrán dunha estrada de Castroverde
19/06/2025 13:24
A calor fai que o chapapote se pegue ao calzado e aos coches, faga ruído e cheire mal na pista de Pereiramá

Yago Iglesias é o técnico encargado de liderar o novo proxecto de Baroni no Lugo
19/06/2025 13:01
O extécnico do Pontevedra asina por unha temporada con outra opcional

Detido un septuaxenario en Vilalba por cravar puntas nas rodas de 19 camións: 16.000 euros en danos
19/06/2025 12:38
Os axentes comprobaron como o presunto autor modificaba as puntas e os parafusos de tal forma que as rodas perdesen o aire a medida que o vehículo circulaba

Diego Rey, un mestre no billar que busca o ascenso coa Sarriana
19/06/2025 11:11
Rey é o actual campión galego de Pool e de Snooker
Os sarriáns están a un partido de facer historia tras empatar a cero en Pulpí

O tiro á ra converteuse nunha auténtica afección en Guitiriz, xurdida durante a pandemia
18/06/2025 20:40
Acaban de crear un club nesta localidade
A actividade comezou logo do coronavirus, para animar os veciños a saír e participar en actos o aire libre
Xurdiu dunha xornada dedicada aos xogos tradicionais, onde viron que este era o que máis éxito tiña entre maiores e pequenos

Renfe comprométese a mellorar os servizos ferroviarios en Lugo o antes posible
18/06/2025 17:16
O alcalde reclama conexións mellores con Madrid, Barcelona, a Cornixa Cantábrica e cidades próximas
A compañía trasladará a proposta ao Ministerio de Transportes para unha aplicación rápida

Javi Recio, director deportivo do Lugo: "Anunciaremos o adestrador nos próximos días"
18/06/2025 15:53
Recio compareceu este mércores nunha rolda de prensa que tamén serviu para presentar a Adrián Raguza, novo vicepresidente da entidade

Por primeira vez poderase subir á muralla romana de Lugo por unha das súas escaleiras orixinais
18/06/2025 14:15
Nestes momentos hai 25 escaleiras interiores xa á vista, pero ningunha transitable
Descubríronas a escasos metros do ascensor que tamén dá acceso ao monumento

Usuarios da estrada vilalbesa que une Fabás e Samarugo denuncian o mal estado do firme
18/06/2025 13:27
As pistas da contorna foron arranxadas pola Administración local, polo que a veciñanza reclama o mesmo trato e que se renove o pavimento

O Ensino anuncia a chegada da exterior Zoe Hernández, que procede do Zamora
17/06/2025 14:40
A fichaxe de Hernández súmase ás chegadas de Van Schaik, Nhug Bosch e os regresos de Alessandra Orsili e Imani Tate

Ronald Baroni, terceiro propietario do Lugo desde que é SAD
17/06/2025 13:40
Baroni: "A idea é comezar cun proxecto ambicioso, co obxectivo de volver ao fútbol profesional"

Estampan outro coche contra un edificio en Lugo
17/06/2025 13:36
Sucedeu na avenida Marqués de Ombreiro, onde xa batera hai anos outro vehículo
O condutor, que tiña o carné retirado e fuxiu do lugar, deu positivo en alcohol

Os reis coñecen en Burela a realidade do sector pesqueiro
17/06/2025 13:01
Filipe VI e Letizia foron recibidos na Confraría de Pescadores polo presidente da Xunta, a conselleira do Mar e a alcaldesa de Burela
Varias redeiras explicáronlles as tarefas propias do oficio, destacando o papel da muller no mar
Os monarcas adxudicáronse dous lotes de peixe nunha simulación de poxa na lonxa

Afronta cinco anos de cadea por arricarlle un dedo cunha dentada a un home
17/06/2025 12:55
O suceso aconteceu durante unha pelexa en Foz en agosto do 2022
O agresor mutilou dunha trabada a primeira falanxe do dedo índice da vítima

Nove veciños máis de golpe en Triacastela
16/06/2025 14:00
A chegada dunha familia peruana dispara o censo deste concello lucense de 600 habitantes nun 1,5 por cento

Condenan a 26 anos de cárcere o culpable da morte de Cristina Cabo
16/06/2025 12:12
A maxistrada salienta que o acusado presentaba intacta a súa capacidade de entendemento cando lle asestou case 30 coiteladas á vítima
A acusación particular di que a condena é "xusta e ben motivada"

Éxito total do Arde Lucus, de participación e de beneficios económicos
15/06/2025 21:15
A cidade dobra o seu número de habitantes na fin de semana en que se celebra a XXIV edición da festa de recreación histórica dos primeiros séculos
.jpg)
Un motorista de 50 anos morre tras bater contra un turismo en Barreiros
15/06/2025 17:40
O persoal sanitario de urxencia logrou estabilizalo no lugar do accidente pero faleceu durante o traslado ao hospital

A importancia do terreo na elaboración do viño centran unhas xornadas en Quiroga
15/06/2025 15:12
O encontro inclúe unha visita a Montefurado, onde os romanos extraían ouro, o que configurou unha paisaxe moi determinante na zona

A vida é un milagre: Unha ovella trouxo catro años no mesmo parto
15/06/2025 13:44
Unha ovella de Palas de Rei trouxo catro años nun mesmo parto
Estes años vivirán ceibos nas 20 hectáreas que ten o pazo de seu dono

Paixón do público no circo romano e no desfile central do Arde Lucus
14/06/2025 21:22
Milleiros de persoas participan nas máis de trescentas actividades que se ofrecen

Falece un home nun accidente de tractor en Becerreá
14/06/2025 20:35
O accidente produciuse na parroquia de Guilfrei

Recuperan castiñeiros que arderon hai tres anos no incendio do Courel
14/06/2025 15:05
A Asociación Galega das Castañas e os Soutos organiza unha xornada para reinvindicar a importancia destas árbores, tan presentes na paisaxe da zona

Lugo convértese no escenario da recreación histórica do Arde Lucus
14/06/2025 14:35
Ofrécense 320 actividades diferentes para coñecer como foron os primeiros tempos da chegada dos romanos

Xornada de inauguracións no Arde Lucus
13/06/2025 20:45
Abren ao público o mercado romano e os diversos campamentos galaicos e romanos

Deteñen un home en Mondoñedo por tenza e distribución de pornografía infantil
13/06/2025 18:28
Segundo as primeiras estimacións, o home posuiría máis de 8.000 arquivos de contido pedófilo
Foi posto en liberdade, pero deberá comparecer no xulgado cada 15 días e non pode abandonar o territorio nacional