Yago Iglesias é o técnico encargado de liderar o novo proxecto de Baroni no Lugo
O extécnico do Pontevedra asina por unha temporada con outra opcional
O Lugo de Ronald Baroni cumpre cos prazos. O mércores, durante a presentación de Javi Recio como director deportivo, asegurouse que a chegada do adestrador era inminente. 24 horas despois, o equipo branco e vermello anuncia a chegada de Yago Iglesias, que a pasada campaña logrou o ascenso a Primeira RFEF co Pontevedra. O extécnico granate asina por unha temporada con outra opcional
Yago Iglesias converteuse o ano pasado en Pontevedra nun dos técnicos máis cotizados da categoría. Logrou o salto de categoría con solvencia e asinou unha histórica Copa do Rei, na que eliminou ao Levante (4-1), ao Vilarreal (1-0) e ao Mallorca (3-0), para caer pola mínima ante o Xetafe en oitavos de final.