O Lugo derrota con sufrimento ao filial do Athletic e métese en postos de Play Off (1-0)
Nico Reniero anotou o tanto dos albivermellos na primeira metade
O FVS anulou dos goles aos bilbaínos na segunda metade
Os de Yago Iglesias remataron pedindo a hora ante o asedio vasco
Importante vitoria de Club Deportivo Lugo que por primeira vez na temporada entra en postos de Play Off de ascenso a segunda división. Os de Yago Iglesias impuxéronse pola mínima ao filial do Athletic, ao que adiantan na clasificación, nun partido onde o famoso FVS foi fundamental xa que anulou dous tantos ó equipo vasco na segunda metade.
A primeira parte foi moi igualada. Dominio alterno e chegadas á area contraria por partes dos dous equipos. Pero sería o equipo local quen se adiantaría no marcador tras un remate de Nico Reniero, que coa axuda do terreo de xogo, entraría dentro da portería defendida por Santos. Co 1-0 chegaríase ao descanso.
Na segunda metade o dominio bilbaíno foi total. O Lugo perdeu o control do medio campo e os locais freaban coma podían as acometidas do equipo adestrado por Jokin Arambarri. E aí apareceu un factor chave para o desenrolo do partido: o FVS. A videoarbitraxe anulou primeiro un gol a Gift por un axustado fóra de xogo, acción que se repetiría xa no tempo de prolongación tras un remate de Hierro invalidado tamén por posición anti regulamentaria. Entre medias Marc Martínez salvaba de forma espectacular un remate do propio Hierro. Chegaría o final do partido para ledicia da parroquia local que tras moito sufrimento puido ver o seu equipo sumando tres puntos que o colocan na zona privilexiada da clasificación.