Pontevedra e Lugo igualan a golazos en Pasarón (1-1)
Nun derbi dificultado polo estado do campo, Yelko e Reniero decidiron no treito final
No minuto 95 un córner do Pontevedra acabou en gol, anulado por fóra de xogo de Vidorreta
O lamentable estado do céspede da Pasarón marcou o derbi entre o Pontevedra e o Lugo, no que pasou ben pouco ata os útimos 20 minutos. Certo é que o pouco que pasou levou a sinatura do equipo granate, o único que se presentou diante da porteria rival con perigo. Brais Abeanda tivo unha clara para os locais.
O Lugo mellorou tras o descanso. A entrada de Samanes deulle dinamismo ao ataque e por aí chegaron algunhas oportunidades.
O Pontevedra pediu penalti nesta acción sobre Alex Compa pero Rubén Dominguez gardou, con bo crierio a súa segunda revisión para esta xogada. Golpe de Samanes na faciana de Garay e segundo cartón amarelo para o revulsivo do Lugo.
Quedaban 20 minutos e todo semellaba estar perdido para os visitantes despois desta dubidosa falta de Alex Balboa a Alain Ribeiro. E é que Yelko Pino sacu da chisterira un lanzamento espectacular que superou a Marc Martínez. Quedaban pouco máis de dez minutos para o final.
A resposta do Lugo chegou tamén desde lonxe. Vexan o disparo de Nico Reniero, que saira ao campo no segundo tempo. O lanzamento do príncipe Reniero adquiriu un arco letal para Marqueta. Un golazo que levou a euforia aois desprazados lucenses.
Puido quedar en nada no último minuto do engadido. Acción longuísima de insistencia do Pontevedra que conclúe con Miki Bosch enviando o balón á rede. O xuiz de liña indica fóra de xogo e acerta. A infracción prodúcese ao inicio da xogada coa posición adiantada de Vidorreta.
Por segunda vez seguida en Pasarón, o Pontevedra vía como se lle anulaba un gol no último instante. Alberto Gil foi expulsado no banco por protestar. A decepción final, granate. O Lugo festexou a igualada.