Cargando resultados...
O Ensino anuncia a chegada da exterior Zoe Hernández, que procede do Zamora
A fichaxe de Hernández súmase ás chegadas de Van Schaik, Nhug Bosch e os regresos de Alessandra Orsili e Imani Tate
G24.gal
17/06/2025 14:40
Última actualización 17/06/2025 14:47
A xogadora, nacida en 2001, ten experiencia en equipos como Mann-Filter, Casademont Zaragoza, Cadí A Seu, Lointek Gernika Bizkaia, aínda que o seu último curso disputou a LF Challenge.
A fichaxe de Hernández súmase ás chegadas da neerlandesa Van Schaik, a catalá Nhug Bosch, os regresos de Alessandra Orsili e Imani Tate, entre outras operacións.
"Son Zoe Hernández, estou moi contenta de formar parte do Ensino, teño moitas ganas de empezar a traballar e de vervos no Pazo", asegura a xogadora de 24 anos nas súas redes sociais.