Diego Rey, un mestre no billar que busca o ascenso coa Sarriana
Rey é o actual campión galego de Pool e de Snooker
Os sarriáns están a un partido de facer historia tras empatar a cero en Pulpí
O fútbol de alta escola da Sarriana ten o seu máximo expoñente en Diego Rey, que en setembro abriu unha academia de billar, deporte no que é o actual campión galego de Pool e de Snooker.
"Esta temporada estiven máis centrado no fútbol que no billar".
Por outra parte, con cinco goles e nove pases decisivos o dianteiro foi unha peza chave na magnífica temporada dos lucenses coa clasificación para a fase de ascenso e cunha afección entregada.
"Nunca imaxinei que podía ser así nun sitio como Sarria".
Os sarriáns están a un partido de facer historia tras empatar a cero en Pulpí. Diego é optimista e ten claro como deben actuar na volta poñendo como exemplo o que faría nunha final de billar.
"Tes que ir a por todas, intentar atopar a túa mellor versión".
Diego Rey ensínalle o camiño á Sarriana.