Deteñen un home en Mondoñedo por tenza e distribución de pornografía infantil
Segundo as primeiras estimacións, o home posuiría máis de 8.000 arquivos de contido pedófilo
Foi posto en liberdade, pero deberá comparecer no xulgado cada 15 días e non pode abandonar o territorio nacional

Un home de Mondoñedo foi detido esta semana polo Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica da Comisaría da Policía Nacional de Lugo acusado de tenza e distribución de pornografía infantil.
Segundo as primeiras estimacións, o home posuiría máis de 8.000 arquivos de contido pedófilo. A investigación segue en marcha mentres se analizan os dispositivos electrónicos comisados.
O home, que pasou este venres a disposición xudicial, no Xulgado de Instrución nº1 de Mondoñedo, foi posto en liberdade, aínda que terá que comparecer no xulgado cada 15 días. Ademais a xuíza retiroulle o pasaporte e prohibiulle a saída do territorio nacional.
O home investigado foi localizado no marco dunha operación da Policía Nacional orixinada en Madrid.