Cargando resultados...
O PP e os edís non adscritos presentan unha moción de censura en Manzaneda
A iniciativa busca a saída do rexedor socialista Amable Fernández

G24.gal
15/10/2025 20:35
Este mércores presentouse unha moción de censura no concello de Manzaneda. Está asinada por dous edis do Partido Popular e dous non adscritos que se presentaron nas listas socialistas.
A iniciativa busca a saída do rexedor socialista Amable Fernández, que goberna con outros dous concelleiros do mesmo partido.