Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ronald Baroni, terceiro propietario do Lugo desde que é SAD

Ronald Baroni, terceiro propietario do Lugo desde que é SAD

Baroni: "A idea é comezar cun proxecto ambicioso, co obxectivo de volver ao fútbol profesional"

G24.gal 17/06/2025 13:40 Última actualización 17/06/2025 13:45

Antes da chegada do peruano, o club estivo en mans de Concello e Deputación, e de Tino Saqués. A terceira propiedade maioritaria do Lugo desde a conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) comezou de forma oficial a súa andaina na entidade tras a compra do 75 % das accións do club. Tino Saqués marcha tras dez anos no club.

"Precisaba un compañeiro de viaxe, alguén que apoiase o desgaste de tantos anos".

Baroni di chegar a Lugo coas ideas claras:

"A idea é comezar cun proxecto ambicioso, co obxectivo de volver ao fútbol profesional".

"Faremos un esforzo moi grande para que veñan profesionais que sintan o que é este escudo e este sentimento".

A compra do 75 % das accións deixa o grupo encabezado polo axente de xogadores Ronald Baroni como o dono do club. Javi Recio será o novo director deportivo. Recio xogou no Celta B na tempada 1996-97.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade