O Lugo despídese da fase de ascenso coa derrota diante do Zamora (1-3)
Quinta xornada sen gañar do equipo lugués no Anxo Carro ao que só lle queda pelexar por unha mínima opción de estar na Copa do Rei
O Zamora suma cinco triunfos seguidos e asegura o play off de ascenso
A dúas xornadas para o final do campionato o Lugo quedou sen opcións de entrar no play off. Unha recta final decepcionante da que tirou proveito un Zamora que asegurou xogar a fase de ascenso no Anxo Carro. Mario Losada encamiñou o triunfo visitante que só se puxo en dúbida logo do penalti sobre Balboa, non asubiado de inicio pero corrixido coa revisión do árbitro. Reniero, co noveno gol, deulle a única alegría á parroquia luguesa.
O Zamora recuperou a vantaxe na segunda metade cunha cabezada de Mario García. E a goleada puido ser de escándalo de non estar baixo paus un inspiradísimo Marc Martínez que salvou o Lugo con varias intervencións de moito mérito. Javi Carbonell completou o resultado. Un a tres. A quinta vitoria seguida do Zamora. A quinta xornada seguida do Lugo sen gañar como local.