O Lugo vence en Mérida (0-2) e acaba cunha seca de catro partidos
Os goles de Reniero e Gallar e as paradas de Marc Martínez decidiron o choque
O equipo de Álex Ortiz remata a xornada a 5 puntos do play off
Foto: @Merida_AD
As paradas de Marc Martínez. o liderazgo de Amo, o talento de Gallar e a xerarquía de Reniero bastáronlle o Lugo para impoñerse en Mérida e romper cunha xeira de catro xornadas sen gañar nas que só marcara un gol.
Neste encontro, sen embargo, só tardou sete minutos en tomar vantaxe o aproveitar Reniero un erro na saída de Csenteircs para lograr o seu oitavo gol na Liga.
E cando se acababa de cumprir a media hora de xogo, Gallar fai un espléndido control e supera o meta húngaro dun gran disparo que significaba o seu primeiro tanto no conxunto lucense.
A partir de aquí o partido entrou na zona de Marc Martínez. O catalán realizou cinco paradas decisivas para a vitoria do seu equipo. Dúas delas antes do descanso, nas que o Mérida tentou recurtar diferenzas. Na última contou coa magnífica axuda defensiva de Amo.
Tralo descanso, Marc mantívose insuperable ante os remates extremeños, tanto por arriba como por abaixo e incluso desde o punto de penalti. No minuto sesenta e nove, o colexiado castigou o Lugo nun derrubo de Yago Rodríguez a Manu Martín.
Martín Solar encargouse de executalo, pero o meta barcelonés adiviñoulle a intención detendo o seu segundo lanzamento da temporada e completaba un partido marcnífico.