Cargando resultados...
Paixón do público no circo romano e no desfile central do Arde Lucus
Milleiros de persoas participan nas máis de trescentas actividades que se ofrecen
G24.gal
14/06/2025 21:22
Terceira xornada da XXIV edición do Arde Lucus, unha festa de Interese Turístico Internacional que consegue que cada ano se esgote a práctica totalidade das prazas hostaleiras que hai na cidade.
É unha das maiores recreacións históricas do noroeste peninsular e nela ofrécense 320 actividades para que a veciñanza e os turistas participen nelas.
Hoxe o circo romano e o desfile son dúas das máis concorridas.
De feito, vendéronse as máis de 2.000 entradas que se ofrecen para asistir ao circo romano, unha actividade na que as carreiras de cuadrigas e as loitas a morte entre escravos pola súa liberdade espertan a paixón do público.