O Arde Lucus celebra os seus 25 anos con máis de 300 actividades e un museo permanente
A celebración celebrarase do 18 ao 21 e xuño, con novidades na programción e un espazo permanente para preservar o seu legado
Presentación del Arde Lucus de 2026/Europa Press
Lugo convértese de novo na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21 e xuño coa celebrarción da XXV edición do Arde Lucus, que conmemorará o seu 25 aniversario con más de 300 actividades e varias novidades na programación.
A alcaldesa, Elena Cnadia, presentou este mércores os actos dunha edición especial na que se reforzará a oferta musical con actuacións como as de Abraham Cupeiro, Celtica Pipe Rock e Grimorium. Ademais, o Circo Romano conará por primeira vez con tres representacións para responder á crecente demanda do público.
O programa manterá algunhas das citas máis emblemáticas da festa, como a chegada das lexións romanas, a Asamblea galaica, o desfile da Muralla, o Asalto ao Monte Medulio, as loitas de gladiadores ou os tradicionais bautismos e vodas celtas.
O museo permanente
Entre os anuncios destacados figura a creación dun museo permanente do Arde Lucus nas instalacións do MIHL. O espazo reunirá documentación, materiais e contidos relacionados coa celebración para preservar o seu legado durante todo o ano.
Candía aseguro tamén que a seguridade do evento está garantida e avanzou que o Concello continuará coa coordinación dos dispositivos previstos. O orzamento desta edición sitúase arredor do medio millón de euros.