Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas limitará a 30 as consultas diarias dos médicos de Atención Primaria tras o verán

O Sergas limitará a 30 as consultas diarias dos médicos de Atención Primaria tras o verán

A medida forma parte da reforma anunciada por Sanidade para reducir a saturación das axendas nos centros de saúde

G24.gal 11/06/2026 13:42

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) implantará despois do verán un límite de 30 consultas diarias nas axendas dos médicos de Atención Primaria. Así o anunciou este mércores o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que enmarcou a medida nunha reforma "multinivel" do sistema sanitario galego. 

Según explicou, a limitación responde a unha das principais demandas dos profesionais, que viñan denunciando a sobrecarga asistencial nos centros de saúde. A partir da entrada en vigor da medida, a sobredemanada será xestionada mediante outros mecanismos organizativos para evitar que recaia sobre as axendas dos facultativos. 

O responsable de Sanidade avanzou ademais que a reforma inclúe cambios na propia Consellería, nas xerencias das áreas sanitariase un reforzo dos recursos humanos, cuestións que continúan negociándose na mesa sectorial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade